Proxecto TIC

Imagen de albertoarmada
31
votos
Rematado o curso sen que ningunha profesora e ningún profesor do CPI me pedise o contrasinal para acceder ao Departamento TIC e ao Proxecto TIC para a incorporación das TIC no noso centro, decido deixalos abertos para que poidan ser consultados. Un dos maiores atrancos cos que me atopei ao longo do curso como coordinador TIC foi a necesidade de realizar o meu traballo en solitario, sen tempo e sen á penas repercusión no meu propio centro. Agardo maior implicación para o vindeiro curso e tamén maior disposición de tempo. O profesorado e a Consellería de Educación teñen as chaves da incorporación das TIC nas nosas aulas. Oxalá que se abran algunhas portas…